martes, 5 de febrero de 2013

Xa temos web!!

A nósa web


Despois de darlle moitas voltas, de probar milleiros e milleiros de cousas, de sumerxirnos na linguaxe de programación... estreamos páxina web!!! 

Esperamos que vos guste, e sobre todo que vos sexa de utilidade!!!










lunes, 21 de enero de 2013

Entroido 2013

Achégase o Entroido!!

Pouco falta xa para que chegue o entroido! época de disfraces, máscaras, ricas filloas e sobre todo moita diversión!

Andaravío pon a vosa disposición unha chea de actividades dirixidas tanto a entidades públicas (concellos, asociacións, centros educativos...) como privadas (empresas ou particulares).

Incluimos dende a organización de festas temáticas ata a animación musical para as vosas propias festas! e incluimos karaoke se así o queredes!!

Este ano os propoñemos as seguintes actividades:

- Obradoiros de disfraces con diferentes materiais.
- Obradoiros de máscaras con materiais e temáticas diversas.
- Maquillaxe e ambientación de entroido
- Actividades de animación, música e baile
- Chirigotas
- Concursos de disfraces... 

Tamén ofrecemos a posibilidade de contar con persoal de apoio para as vosas actividades! 
 
Se estades interesados/as nalgunha actividade concreta ou precisades máis información, non dubidedes en contactar con nós! no 881 956375 ou no enderezo electrónico correo@andaravio.com


 

jueves, 3 de enero de 2013

Formación 2013

Enquisa


Boas!!! Dende Andaravío andamos a voltas coa programación de novas actividades formativas, e gustaríanos contar coas vosas opinións, ideas, suxerencias...! Bótasnos unha man?

Para agradecervos o vóso tempo e ideas, por completar esta pequena enquisa entraredes no sorteo de 3 pequenas caixiñas sorpresa! Tendes ata o vindeiro venres día 11! Animádevos!!!!

https://docs.google.com/spreadsheet/viewform?formkey=dEVwdGx6cjhlMEJCV0F1cDNsQUFNUUE6MQ

miércoles, 2 de enero de 2013

Feliz Ano Novo!!

Feliz 2013!

Dende Andaravío queremos desexarvos que o novo ano veña cargadiño de bos momentos, proxectos, alegrías... e que poidamos desfrutalos con aquelas persoas que fan que a nosa vida sexa, polo menos, un pouquiño máis feliz!



viernes, 21 de diciembre de 2012

Felices Festas!



Chegou o Nadal e dende Andaravío queremos aproveitar a ocasión para desexarvos que pasedes unhas Felices Festas e que o ano 2.013 sexa do mellorciño!!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Convocatoria Subvencións

Subvención Deputación de A Coruña

O Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, publica hoxe a convocatoria dirixida a Concellos, entidades locais e entidades sen ánimo de lucro en relación a diversos temas:

Dende Andaravío vos lembramos que a nosa sección de consultoría pode axudarvos a solicitar estas subvencións. Se tendes algunha pregunta ou dúbida, consultade con nós a través do noso enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou no teléfono 881 956375.   

domingo, 9 de diciembre de 2012

Formación no Milladoiro

Monográficos no Milladoiro


Os días 15 e 22 de Decembro terán lugar no Milladoiro dous novos monográficos relacionados co ocio e o tempo libre.

As datas e os temas a tratar son os seguintes:

  • 15 de Decembro: Iniciación á globoflexia
  • 22 de Decembro: Manualidades para traballar con nenos e nenas de 10 a  17 anos.

O horario é de 
10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e desenvolverase nas nosas oficinas, situadas na Rúa das Hedras Nº2, 3ºF no Milladoiro.
Podedes informarvos sen compromiso no enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou nos teléfonos 881 95 63 75/ 660 47 89 67.

O prezo é de 30 euros cada un e inclúense os materiais e un diploma acreditativo.

As prazas son limitadas!!

Esperamos que sexan do voso interese!!





 Podedes descargar aqui a folla de inscrición