viernes, 21 de diciembre de 2012

Felices Festas!



Chegou o Nadal e dende Andaravío queremos aproveitar a ocasión para desexarvos que pasedes unhas Felices Festas e que o ano 2.013 sexa do mellorciño!!!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Convocatoria Subvencións

Subvención Deputación de A Coruña

O Boletín Oficial da Provincia de A Coruña, publica hoxe a convocatoria dirixida a Concellos, entidades locais e entidades sen ánimo de lucro en relación a diversos temas:

Dende Andaravío vos lembramos que a nosa sección de consultoría pode axudarvos a solicitar estas subvencións. Se tendes algunha pregunta ou dúbida, consultade con nós a través do noso enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou no teléfono 881 956375.   

domingo, 9 de diciembre de 2012

Formación no Milladoiro

Monográficos no Milladoiro


Os días 15 e 22 de Decembro terán lugar no Milladoiro dous novos monográficos relacionados co ocio e o tempo libre.

As datas e os temas a tratar son os seguintes:

  • 15 de Decembro: Iniciación á globoflexia
  • 22 de Decembro: Manualidades para traballar con nenos e nenas de 10 a  17 anos.

O horario é de 
10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, e desenvolverase nas nosas oficinas, situadas na Rúa das Hedras Nº2, 3ºF no Milladoiro.
Podedes informarvos sen compromiso no enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou nos teléfonos 881 95 63 75/ 660 47 89 67.

O prezo é de 30 euros cada un e inclúense os materiais e un diploma acreditativo.

As prazas son limitadas!!

Esperamos que sexan do voso interese!!





 Podedes descargar aqui a folla de inscrición
 

viernes, 7 de diciembre de 2012

Achégase o Nadal

Actividades para o Nadal


Andaravío presenta a súa oferta de actividades para este Nadal. Desenvolveremos  obradoiros de agasallos, postais e adornos navideños... realizaremos xincanas temáticas e visitaranos o Apalpador, entre outras moitas sorpresas!!!






Aínda estás a tempo de contratar estas actividades!! se precisas máis información non dubides en poñerte en contacto con nós no enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou nos teléfonos 881 956375 ou no 660 478967!!!

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Formación en Vilalba

Monográficos de Outono en Vilalba



O vindeiro 10 de novembro darán comezo en Vilalba os nosos monográficos de outono. 

Están dirixidos principalmente a monitores/as de tempo libre e a todas aquelas persoas interesadas en formarse nos ámbitos a tratar.

Os cursos terán lugar en Vilalba  na Rúa Alcalde Fraga Bello 30-32 os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00.

O prezo de cada un deles é de 30 euros.

O calendario de desenvolvemento é o seguinte:

  • 10/11/2012:Iniciación á Globoflexia
  • 24/11/2012:Manualidades para traballar con nenos e nenas de 10 a 17 anos
  • 01/12/2012:Grafoloxía para principiantes
  • 15/12/2012:Taller da risa e dinámicas de animación de grupos.

Podes inscribirte mandando os teus datos ao enderezo electrónico: correo@andaravio.com ou chamando ao 660478967.